8 concellos logran aumentar nun 10% a reciclaxe de plásticos, latas e bricks con respecto a 2021


Na terceira edición da campaña Únete ao reto, impulsada pola Xunta co apoio de Ecoembes, foron 8 os municipios que acadaron ese reto -Ordes, Burela, Chantada, Sarria, Verín, Cangas, Moaña e Bueu-. Cada un deles recibiu un premio de 2.000 euros para destinar a unha causa social da súa elección. A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, felicitounos e puxo en valor o compromiso das entidades locais con esta campaña e o seu esforzo para aumentar as súas aportacións de latas, briks e envases de plásticos nun 10%, como mínimo, en comparación co mesmo período do ano anterior. Así, desde o 1 de febreiro ata o 30 de abril cada concello participante contou cun amplo programa de accións a pé de rúa, ademais dunha campaña de comunicación en medios, publicidade exterior e redes sociais co obxectivo de axudalos a activar e concienciar á veciñanza.