8 mineiros mortos e 18 feridos por un escape de metano en Serbia

0 minutes read

A asfixia por metano acaba coa vida de polo menos oito traballadores e causa danos a outros 18 nunha mina de carbón en Serbia. Sucedeu este venres nas instalacións de Soko, a 200 quilómetros ao sueste de Belgrado. Ao principio os medios locais atribuíron o exceso deste gas a unha explosión provocada por un derrube. Segundo os médicos, a situación da maioría dos feridos non reviste gravidade. A mina de Soko sufriu moitos accidentes desde a súa apertura a comezos do século XX. Nun ocorrido en 1998 morreron 29 mineiros.