8 policías locais das Pontes repártense un décimo do «gordo» de Reis

Cedida.

Oito membros do persoal da Policía Local da localidade das Pontes levaron unha tremenda alegría ao ser posuidores dun décimo do primeiro premio da Lotería do Neno, e por tanto serán os que se repartirán os 168.000 euros, unha vez descontados os 32.000 euros cos que queda Facenda do total dos 200.000 euros do premio. O décimo foi adquirido na administración da praza do Hospital ao dicidir entre todos investir na Lotería de Reis parte dos 240 euros que lles correspondían dos décimos que levaban entre todos na Lotería de Nadal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha