8 proxectos de emprendemento feminino na Costa da Morte reciben 54.000€

  • Estas axudas da Secretaría Xeral de Igualdade enmarcadas dentro do programa Emega están dirixidas a fomentar o emprendemento feminino en Galicia.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, coñeceu o proxecto de unha empresa de servizos de marketing e xestión de redes sociais para empresas, apoiado pola Xunta, e informou da resolución do programa Emega, programa que comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial. Dito programa beneficiou este ano a un total de 8 iniciativas de mulleres na comarca de Bergantiños-Costa da Morte que contarán cunhas achegas totais de 54.000 euros para levar a cabo as súas iniciativas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha