83 concellos benefícianse de axudas para obras de abastecemento, saneamento e depuración


Destas axudas autonómicas, un total de 53 foron concedidas ás propostas das entidades locais vinculadas á execución de obras necesarias para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento municipal.

O resto das axudas van destinadas ás iniciativas presentadas polos municipios para actuar na modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes, así como á construción de novas infraestruturas.

Con esta liña de subvencións, a Xunta trata de apoiar actuacións nos municipios cunha poboación igual ou inferior aos 5.000 habitantes para garantir o mellor funcionamento destes servizos de competencia local.

O límite máximo das axudas é de 50.000 euros por solicitude, sendo compatibles ambas as liñas de actuación. Os concellos tiveron a opción de presentar dúas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento e outra para actuacións en sistemas de saneamento e depuración.