84 concellos da provincia suman forzas contra a violencia machista

1 minutes read

Trátase da campaña da área de Igualdade da Deputación da Coruña contra a violencia machista, e que conseguiu a adhesión de 84 concellos e 57 entidades da provincia que difunden a mensaxe de plantarlle cara ao feminicidio cun amplo programa de iniciativas.

“DE FRONTE á violencia de xénero” anima á sociedade a “non mirar para outro lado” e sumar forzas para a súa erradicación na conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres este 25 de novembro.

“O obxectivo é que a sociedade se conciencie de que ninguén pode estar impasíbel fronte ao feminicidio. Non vale mirar para outro lado, agochar a mirada e dar á volta á esquina para pasar por riba do problema. Á violencia machista temos que poñerlle freo de cara, de fronte, mirando directamente e buscando solucións, concienciándonos da súa gravidade e poñéndonos da parte das mulleres”, destaca a deputada de Igualdade, María Muíño arredor dunha campaña que ten vontade de permanencia e conta cunha páxina web propia na que se atopan distintos materiais e actividades para o seu desenvolvemento maiormente de maneira telemática.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?