0
O cupón diario deste martes adicado ao Santuario da Barca de Muxía tiña un prezo de 1,5 euros e repartíronse 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras entre os 5,5 millóns de cupóns en circulación. Por cincuenta céntimos máis se podía xogar á serie e había a posibilidade de gañar A Paga de 3.000 euros ao mes durante 25 anos. Tamén houbo outros dous premios de cincocentos euros, entre outros. O número afortunado no sorteo deste martes foi o 87.451 e A Paga o 028. Queda saber si entre os 5.500 cupóns repartidos entre a veciñanza de Muxía, se atopa algunha persoa afortunada.