A piscina Carballo Calero acolle este sábado,14 de decembro, a XVI Edición do Campionato Galego de Longa Distancia en piscina, fase territorial que ademais clasifica para o XVIII Campionato de España do 22 de febreiro en Barcelona. Organizan a Federación Galega de Natación (Fegan) e a A.D. Fogar, en colaboración co Concello de Carballo, Turismo Carballo e Carballo Deporte.
88 nadadoras/es (44 mulleres e 44 homes), en representación de 16 clubs, daranse cita na instalación carballesa, onde poderemos ver á elite dos fondistas galegos, de nivel nacional e mesmo internacional.
O programa de competición comeza ás 11 horas, nunha matinal que inclúe a proba dos 2.000 metros libres de categoría infantil. Ás 17 horas comezará a sesión de tarde, reservada para as series e finais dos 3.000 metros libres das categorías júnior e sénior.