90 investigados en Galicia como presuntos incendiarios

O comité de coordinación contra incendios da Xunta reuniuse de novo, o conselleiro do Medio Rural, a Policía Autonómica, a Garda Civil e Protección Civil analizaron a evolución dos incendios. Na xuntanza tamén afondaron no traballo de investigación, clave para reducir os incendios. En Galicia hai agora mesmo 90 persoas investigadas como presuntos incendiarios. Esta fin de semana detiveron dúas persoas: un home no concello ourensán da Teixeira, sospeitoso de provocar 11 incendos forestais, e unha muller en Nigrán, á que sorprenderon os veciños prendendo lume no monte con pastillas de encendido. Así o adiantou o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, na reunión que mantivo o Comité de Coordinación Policial Antiincendios no Pazo de Quián.

Declaracións do conselleiro do Medio Rural en funcións, José González.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha