37
Fontes do servizo de Epidemioloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra confirmaron que se efectuaron 173 probas entre os traballadores da planta e os seus contactos directos, entre eles familiares e amigos, das cales 96 deron positivo. Os primeiros casos detectáronse hai algo máis dunha semana e o contaxio estendeuse con rapidez entre os traballadores. A maioría das persoas contaxiadas son asintomáticas ou presentan síntomas leves da infección, polo que se están recuperando nos seus domicilios baixo supervisión médica. A produción nesta planta reduciuse un 60% para poder incrementar o distanciamento social dentro das súas instalacións, que continúan operativas co persoal que non se viu afectado polo gromo.