Zas | O IES de Baio consegue o 1º premio no concurso Miniempresas Coruña

1 minutes read
  • Algúns alumnos crearon ATCaron, unha miniempresa centrada no deseño e na tecnoloxía

O alumnado do instituto Maximino Romero de Lema (Baio, Zas) gañou o 1º premio no concurso Miniempresas Coruña, de Eduemprende.

O curso pasado, estudantes de 2º curso do Ciclo Básico de Informática de Oficina (Íñigo Cousillas, Joel Limideiro, Miguel Mira e Adrián Suárez), coordinados pola profesora Marta Diz e o profesor Gonzalo de Castro-Acuña, crearon ATCaron: unha miniempresa centrada no deseño, construción e distribución de diferentes dispositivos baseados na tecnoloxía NFC, na transformación dixital e no uso da Internet en varios artigos, orientados ao ámbito empresarial e ao consumo persoal.

Entre os exemplos do seu traballo atópanse unha pulseira que ao achegar o móbil mostra unha mensaxe, unha etiqueta para conectarse de forma automática a unha rede WiFi ou unha camiseta que acende a lanterna do móbil.