O SERGAS realizará un cribado en Malpica desde este xoves

1 minutes read
  • Acudirase coa cita a través de SMS no Centro de Saúde da localidade, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

A partir deste xoves 4 de febreiro, e ata o sábado 6 de febreiro, o SERGAS realizará un cribado no Concello de Malpica para a poboación de 18 a 60 anos, citando así a 2500 persoas.

Acudirase coa cita a través de SMS e será no Centro de Saúde da localidade, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Realizaranse test PCR para detectar posibles casos activos da covid-19.

Desde o Concello de Malpica garántese a total colaboración coas autoridades sanitarias para que a organización destas probas durante as tres xornadas se desenvolvan “coas maiores facilidades” tanto para o persoal sanitario como para a veciñanza que acuda á realización dos test.