22
Un home de 71 anos faleceu este venres no municipio de Aranga nunha colisión entre o coche que conducía e unha furgoneta, cuxo condutor, de 62 anos, resultou ferido leve, segundo informaron os servizos de emerxencias.
O choque produciuse no quilómetro 5 da estrada entre as localidades de Curtis e Montesalgueiro. O falecido residía en Madrid e o único ocupante da furgoneta mixta, que resultou ferido, foi trasladado ao Complexo hospitalario da Coruña, está domiciliado no municipio ourensán de San Cristovo de Cea.
A Garda Civil abriu unha investigación sobre o accidente, tras os indicios dunha posible invasión do carril esquerdo da estrada por parte do falecido como causa do sinistro.