Vimianzo volverá pedir que o “Asalto ó Castelo” sexa de Interese Turístico

1 minutes read

Este venres, no pleno ordinario, a corporación local do concello de Vimianzo tratará de novo a solicitude para que o “Asalto ó Castelo” sexa declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia. Xa o solicitara no ano 2013, pero a Xunta de Galicia desestimara a petición. Dende o goberno esperan o apoio de todos os grupos para, previa aprobación do pleno, enviar a solicitude á Axencia de Turismo de Galicia.

A festa do “Asalto ó Castelo” (que se inspira nun feito histórico como a Guerra Irmandiña) celebrará este ano a súa XXIV edición, un evento que durará varios días e no que todos os veciños do municipio participarán.

Fonte: facebook “Asalto ó Castelo”