22
Este martes, un grupo de voluntarios estiveron recollendo lixo e acondicionando varios puntos da contorna do Refuxio de Verdes, no concello de Coristanco.
O goberno local agradece “esta implicación para a conservación e posta en valor dos espazos naturais do municipio” e piden a colaboración de todos os visitantes para coidar desta paraxe natural incluída na Rede Natura.