Morre o presidente de Chad por feridas de guerra

1 minutes read

O presidente de Chad, Idris Déby, faleceu este martes por feridas no campo de batalla. Déby foi confirmado para un sexto mandato o luns, despois de que a xunta electoral validase os resultados das eleccións do 11 de abril. Durante os comicios, que se celebraron entre queixas de fraude da oposición, non houbo incidentes; pero durante a xornada un grupo rebelde con base o Libia realizou unha incursión en Chad. Déby, coñecido polo seu talento para a estratexia militar, involucrouse na resposta do Exército. A inestabilidade cérnese sobre o país, cuxas autoridades decretaron un toque de queda, a disolución do Parlamento, o Goberno e a Constitución, e a designación do fillo de Déby, Mahamat Idriss, como sucesor do malogrado presidente.