‘Na horta cos meus amigos/as’, da asociación Vieiro, chega aos colexios de Carballo

1 minutes read
  • A través de contos infantís, coas hortalizas como protagonistas, recréanse situacións persoais que poden chegar a vivir os nenos

A asociación antidroga Vieiro, dentro do seu traballo nos centros escolares do concello de Carballo, puxo en marcha a iniciativa Na horta cos meus amigos/as, dirixida a alumnos que cursan 3º e 4º de primaria.

No programa, composto por oito sesións, utilízanse as figuras das hortalizas para recrear, a través de contos infantís, situacións persoais que poden vivir os nenos durante esta etapa evolutiva. Entre os temas tratados atópanse por exemplo as burlas, os celos, os castigos inxustos, a presión de grupo, as diferenzas culturais e físicas, a resolución de problemas ou os prexuízos.

O obxectivo de Na horta cos meus amigos/as é «contribuír á maduración psicoafectiva, á adquisición de hábitos de saúde e benestar e ao comezo dun traballo preventivo sobre condutas de risco en etapas máis temperás», sinalan desde Vieiro.