Citadas 900 persoas no cribado que realiza o Sergas en Vimianzo

0 minutes read
  • As probas, realizadas no centro de saúde da localidade, están dirixidas a veciños de entre 40 e 50 anos

O Sergas iniciou este sábado, ás nove da mañá, un cribado na localidade de Vimianzo para detectar asintomáticos entre aqueles veciños con idades comprendidas entre os 40 e os 50 anos. En total foron citadas 900 persoas.

As probas continuarán realizándose ata as 14:00 horas no centro de saúde da vila. Este cribado forma parte das iniciativas postas en marcha na área sanitaria da Coruña e Cee para unha “intensa actividade” na procura de casos activos por Covid-19.