Comercio Coruña abre o prazo para participar nunha campaña de escaparatismo

1 minutes read

A Concellería de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios abre o prazo para que os comercios de proximidade se inscriban na campaña de escaparatismo que incluirá un curso de formación e mais un concurso. A iniciativa diríxese aos establecementos abertos ao público na cidade que non formen parte de cadeas comerciais nin se atopen situados en centros comerciais.

A duración do curso, que será practicamente todo en liña, é de 15 horas e poderán participar até un total de 40 comercios. Tamén está previsto, se as circunstancias o permiten, que se realice algunha sesión práctica presencial na parte final da actividade, que terá lugar do 5 ao 25 de maio.

Unha vez finalizado o curso, comezará o Concurso de Escaparatismo. Neste caso, a participación non se limitará a un número concreto de locais, aínda que terán preferencia para participaren no certame os corenta establecementos que reciban previamente a formación.

A temática será aberta e un xurado elixirá as dez mellores propostas, para as que se abrirá un prazo de votacións co fin de que a veciñanza escolla ás 5 mellores, que se repartirán 6.500 euros en premios.