23
A corporación local de Ponteceso aprobou por unanimidade que se inicien os trámites para conseguir que a “Festa do Percebe” de Corme sexa declarada de Interese Turístico Nacional. Actualmente, na Costa da Morte só ten ese título a “Romaría da Nosa Señora da Barca”, en Muxía.
Non é fácil conseguir esa distinción, pois esixen moitos requisitos. En Vimianzo tamén aprobaron iniciar a solicitude para que o “Asalto ó Castelo” sexa declarada de Interese Turístico de Galicia, que xa foi rexeitada fai dous anos.