A empresa Espectáculos Sito Mariño S. L. acaba de emitir un comunicado no que denuncia a falta de pagamento por parte da Comisión de Festas do concello de Arteixo as ORQUESTRAS que actuaron con motivo das festas do ano 2013 e 2015.
Desde a empresa comentan que a pesar dos requirimentos efectuados polo representante artístico desas orquestras, a fin de cumprir cos compromisos do persoal desprazado ao citado Concello, con motivo das actuacións previstas, nin o Presidente da Comisión de Festas, nin o Rexedor Municipal, mesmo dentro dos compromisos adquiridos, procederon a cumprir coas súas obrigacións para con terceiros.
Chámalles poderosamente a atención, a actitude de absoluto desprezo ás obrigacións contraídas e aos dereitos dos traballadores, primando a ansia de protagonismo, en detrimento do respecto e observancia aos dereitos alleos, segundo informan desde a empresa de espectáculos.