A Laracha renova o peche exterior do CEIP de Caión

1 minutes read

As obras desenvólvense despois da reunión mantida recentemente nas propias instalacións do centro entre o alcalde, José Manuel López Varela, o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, o delegado territorial de Educación, Indalecio Cabana, e o director do colexio.

Deste xeito estase a dar continuidade aos traballos acometidos no curso pasado pola Consellería de Educación noutro tramo do muro, onde foi eliminado o peche antigo e substituído por un novo con postes de formigón nunha actuación idéntica á que se está a desenvolver agora. Neste caso as obras afectan ao sector de 62 metros do peche perimetral que protexe tanto a pista polideportiva como o parque infantil.

Ademais, contémplase a substitución dos tres portalóns exteriores e tamén da malla metálica na parte norte da pista polideportiva, onde serán instalados novos apoios e unha rede nova.