Despois de case dous anos de mandato, os socialistas de Coristanco “lamentan” a mala xestión que está realizando o goberno local, baixo o Partido Popular, xa que é “imposible non fixarse en como están as pistas” sendo algunhas delas “intransitables” debido a unha situación de “abandono” por parte da Administración local.
O PSOE de Coristanco non entende como “habendo recursos económicos para estes menesteres se están a retrasar as intervencións” xa que ano tras ano “levamos unha partida económica nos orzamentos con cantidades para estradas e camiños, similares a que podería ser un POS da Deputación, e non se ve mellora algunha neste tipo de infraestructuras”.
Os socialistas esixen ao goberno local que “traballe día a día para a veciñanza e non cada catro anos”, e reiteran a necesidade de que se entreguen as axudas aprobadas correspondentes ao PEL-Reactiva 2020 xa que hai autónomos e PEMES que non recibiron nada.