Tabeaio en Carral luce parque reacondicionado

1 minutes read

O parque infantil de Tabeaio loce unha nova imaxe despois dos traballos de acondicionamento que levaron a cabo neste lugar. O plan incluíu a limpeza dos xogos, do firme e do mobiliario, a reposición dos asentos dun dos columpios e a retirada dalgúns xogos en mal estado para substituílos por outros novos.

Ademais, acometeuse a reparacióne o pintado da valla que bordea o área infantil. Así mesmo, a intervención inclúe o lixado e pintado dalgúns elementos de mobiliario urban, como os bancos, as mesas de picnic e as papeleiras. Por último, como parte desta actuación habilitouse tamén unha zona de exercicio con varios aparellos biosaudables.