Visto para sentenza o xuizo contra un mozo de Arteixo acusado de abusos sexuais continuados a unha menor de 13 anos. Os feitos ocorreron en 2017. A Fiscalía pide para o home 11 anos de cadea a defensa di que é inocente e que a denuncia responde a unha invención da vítima.
Na última sesión do xuízo a quenda foi para os forense e os psicólogos que examinaron a vítima. Os psicólogos do Imelga declararon que o relato da rapaza é crible e lóxico e que deu gran cantidade de detalles.
Os forenses afirmaron que é posible que a menor fora penetrada vaxinalmente.
A Fiscalía atribúelle ao acusado un delito continuado de abusos sexuais a unha menor e pide para el 11 anos de cárcere.
Estanislao de Kostka Fernández, avogado da defensa: “Tal e como se desprende da proba quedou demostrado que o acusado mantivo relacións sexuais de xeito reiterado con penetración vaxinal coa vítima”.
A defensa pide a libre absolución e insiste na inocencia do acusado.
En todas as declaracións non puideron acreditar ningún dos graves feitos que se denuncian e, polo tanto, nós estamos optimistas e agardamos unha sentenza absolutoria ao non quedar acreditados os feitos”, afirma o avogado defensor.
O xuízo quedou xa visto para sentenza.