- A carreira pedestre máis singular de Galicia celebrarase o domingo 21 de abril.
A proba atlética, que organiza o Concello de Santa Comba xunto con Nestlé-A Lechera, pretende visibilizar o traballo do sector gandeiro da localidade.
Indicacións da organización:
ADULTOS
1.- Circuíto de 10k. Lonxitude aproximada de 10 km. O percorrido ten superficie mixta, un 70% asfalto e 30% terra. Percorre zonas de especial interese gandeiro, atravesando incluso unha explotación situada do lugar de Alvarín (Alón).
2.- Circuíto 3k. Lonxitude aproximada de 3 km, con superficie de asfalto. Os corredores completarán unha volta.
ESCOLARES
4.- Circuíto Sub14 – Sub 16. Lonxitude aproximada de 3 km, con superficie de asfalto. Os corredores completarán unha volta.
3.- Circuíto Sub 10 – Sub 12. Lonxitude aproximada 1 km, con superficie de asfalto 100%.
4.- Circuíto Pitufos/as. Lonxitude aproximada 300m, con superficie total de asfalto 100%.
As inscricións finalizarán o xoves, 18 de abril de 2019 ás 23:59h ou ó completar as prazas dispoñibles. Para inscribirse, pulse aquí.