Os servizos de emerxencia rescataron na tarde deste sábado unha moza que caeu nunha zona das escaleiras que soben ao cabo Prior en Ferrol. Como consecuencia das feridas, e por tratarse dunha zona de cantís, precisouse a intervención do helicóptero 112 de Salvamento marítimo para acceder á moza accidentada.
Despois trasladárona en ambulancia ata un centro hospitalario. Un particular chamou o 112 para solicitar axuda para unha persoa ferida. O operativo para a evacuación contou cos servizos sanitarios, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, os Bombeiros de Ferrol e axentes da Policía Nacional e Local.
Unha vez na zona, os equipos de intervención avaliaron a situación e mobilizaron o helicóptero para o rescate da moza.