Ponteceso e Corme conmemoran o 50º aniversario de “Os soños da gaiola”

1 minutes read
  • A actriz e humorista Isabel Risco conducirá o acto, aberto ás familias, que se celebrará o venres 12, ás 12:30 horas, no Edificio das Escolas

A Concellaría de Educación e a Casa-Museo Manuel María retoman esta semana en Ponteceso o programa de actos conmemorativos do 50º aniversario da publicación de “Os soños na gaiola” (1968), posto en marcha o pasado mes de decembro para dar a coñecer á cativada a primeira obra de poesía infantil editada en galego dun dos autores máis célebres.

A próxima cita terá lugar este venres 12, a partir das 12:30 horas, e consistirá nun acto conxunto ao que están convidadas, ademais da comunidade educativa de ambos centros, todas as familias dos alumnos.

A través dun recital poético e a interpretación musical dalgúns poemas, os/as escolares darán a coñecer o traballo desenvolvido nas aulas, durante as últimas semanas, arredor desta obra emblemática.

A actriz e humorista galega Isabel Risco será a encargada de conducir o acto, que se celebrará no Edificio das Escolas.