Bo sabor de boca trae de volta a casa o laxense Aarón Rodríguez Fidalgo logo de participar na mañá de este martes 9 de abril na fase final do Campionato Nacional de Tiraxe de Cervexa celebrado en Madrid.
Arredor dunha ducia de participantss chegados de todos os rincóns de España formaron parte dunha rolda inicial na que Aarón Rodríguez acadou o pase á seguinte fase.
Finalmente fíxose co terceiro posto, cun premio de 150 euros e o seu peso en cervexa.
A partir de agora quen se pase pola Taberna A Pracería de Laxe saberá que está tomando unha das cañas mellores tiradas do país, a terceira polo menos.