O Museo “Casa de la Troya” en Compostela inicia tempada

1 minutes read
  • O seu director Benigno Amor fixo a presentación da apertura da nova tempada.

Este museo recrea o ambiente estudantil da afamada pensión rexentada por ‘Dona Xenerosa’ en Santiago de Compostela a finais do s. XIX , e inmortalizada polo escritor D. Alejandro Pérez Lugín na súa novela ‘La Casa de la Troya’.

É unha típica construción do casco antigo da cidade, cuxa edificación data de mediados do s. XVIII e decorada ao gusto daquela época. Consta de tres plantas e un pequeno ático que remata a casa. A entrada está formada por un zaguán ou zona de paso e desde este lugar, a casa divídese en dúas zonas ben diferenciadas: a vivenda propiamente dita e as caballerizas.

Adentrándonos na pensión podemos ver a sala do respeto, con recordos do escritor, e o comedor, onde están expostas fotografías e obxectos relacionados cos personaxes do libro. No segundo piso, os dormitorios, tanto o colectivo como o individual. E no ático, a cociña e un pequeno cuarto contiguo, pertencente á patroa.


Benigno Amor anuncia na presentación a apertura do museo “Casa de la Troya”.