Trátase dun proxecto cofinanciado polo Concello e a Deputación da Coruña e que permitirá mellorar unhas instalacións que contan con 3 aulas destinadas a nenos e nenas de 1 a 2 anos, que dan servizo a uns 39 usuarios e que teñen dormitorio, baño… pero non poden utilizarse a pleno rendemento polas deficiencias actuais. Coas obras de reparación e mellora da cuberta e fachadas conseguirase unha instalación acorde á súa demanda e unha redución dos custes de mantemento polo menor consumo enerxético. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ames, Blas García, asinaron o convenio para o financiamento das obras polo que a Deputación aportará 52.000 euros, o que supón o 65,8% do orzamento total de 78.920,4 euros.
18