Xuntos Carballo demanda o acondicionamento de varios pasos de peóns

0 minutes read

A agrupación local Xuntos Carballo solicita a mellora e acondicionamento de varios pasos de peóns. «O mal estado dos mesmos xa vén de lonxe», sinala o secretario da formación, Xesús Deus Gende, quen ademais recalca que recibiron varias queixas veciñais debido a que existen «buratos ou desniveis» que prexudican aos turismos pero que tamén «fan temer pola integridade física dos peóns, especialmente das persoas maiores ou con pouca mobilidade».