Francia saíu á rúa “pola liberdade e contra unha ditadura sanitaria”

1 minutes read

Miles de persoas contrarias ao pase COVID e á vacinación obrigatoria enfrontáronse á policía en París. Moitos deles pertencen ao movemento dos chalecos amarelos en Francia. Mentres se manifestaban, o Senado debatía a aprobación dunha lei que ampliaría o uso do pase sanitario a actividades cotiás como visitar un café ou utilizar o transporte público. Xa se utiliza en lugares culturais como museos e concertos para demostrar que a persoa foi vacinada ou que deu negativo nunha proba recente. Tras unha primeira mobilización o pasado 17 de xullo, este sábado as marchas estendéronse por diferentes cidades de Francia. Aínda que un 76% dos franceses aproba a decisión do Goberno de facer obrigatoria a vacinación para o persoal sanitario, de residencias e bombeiros, algúns critican que as sancións a estes colectivos e a ampliación do pase sanitario coarta a súa liberdade.