26
- Contan con fondos do Plan Único da Deputación da Coruña
Esta semana deron comezo os traballos de acondicionamento de varios camiños interiores en mal estado no lugar de Quintáns, na concello de Muxía. Unhas intervencións que alcanzan un orzamento de 106.000 euros e que son posibles grazas á financiación do Plan Único da Deputación da Coruña.
Talón, Bardullas e Frixe son os outros tres núcleos nos que tamén se acometerán obras de mellora.