A Alta Comisionada da ONU para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, condenou este mércores as “espantosas” execucións masivas perpetradas en Arabia Saudita, e afirmou que polo menos tres dos 37 axusticiados eran menores cando foron condenados. As execucións por actos de “terrorismo” tiveron lugar o martes en seis rexións do reino sunita. Segundo Amnistía Internacional, a maioría dos condenados eran da minoría chiita. “Condeno firmemente estas execucións masivas espantosas […], a pesar das preocupacións expresadas por mor das mesmas por numerosos relatores especiais da ONU, polo Comité da ONU para os Dereitos do Neno e outros”, lamentou a Alta Comisionada, Michelle Bachelet. Nun comunicado, considerou que era ” odioso” que polo menos tres dos executados fosen menores no momento do seu proceso. “Insto urxentemente o goberno saudita a revisar inmediatamente a súa lei antiterrorista […] para prohibir a pena capital para menores”, afirmou. Con estas execucións, xa son máis de 100 as persoas ajusticiadas en Arabia Saudita no que vai de ano, segundo un reconto establecido a partir de comunicados oficiais.
24