Este ano o premio queda na casa, xa que Cervo, un deseñador veciño da parroquia de Oza, acaba de gañar o concurso do cartel das Festas de San Xoán de Carballo. A pesar de que aínda non se pode desvelar o cartel, desde o concello deron unhas pinceladas do mesmo, alegando que representa o empoderamento das avoas e que non ten nada que ver cos carteis dos últimos anos.
Cervo é un mozo trans de 20 anos que está a finalizar o ciclo superior de Ilustración, e que ademais de querer demostrar os seus dotes artísticos, coa súa participación no concurso tamén quixo contribuír á visibilización da diversidade sexual e de xénero. «Hai pouco que creei a miña imaxe de artista, Cervossa, e quero darme a coñecer para poder traballar do que me gusta profesionalmente» sinala.
