Pérez Añón interésase polo proxecto da construción da senda peonil do Cabo da Area en Laxe

1 minutes read

O candidato do PP á alcaldía de Laxe, José Luís Pérez Añón, mantivo unha reunión coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na que lle trasladou o seu interese polo estado no que se atopa o proxecto para a construción da senda peonil do Cabo da Area.

Durante o encontro, Vázquez puxo sobre a mesa a intención do executivo autonómico de levar a cabo unha senda que iniciarase nun extremo da praia de municipio -no punto quilométrico 9+950 da AC-429, no que existe un centro escolar, instalacións deportivas e unha área de lecer- e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata o punto quilométrico 10+500, lugar no que se inician as beirarrúas existentes na travesía de Laxe.

A actuación está prevista que se licite ao longo deste ano e se execute no 2020.