O Pazo de Mariñán acolleu os actos de celebración do 175 aniversario da Garda Civil

0 minutes read

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participaron este luns no Pazo de Mariñán (Bergondo) nos actos de conmemoración do 175 aniversario da fundación do corpo da Garda Civil. No acto tamén participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto.