Ameaza de bomba na Asemblea Nacional de Venezuela

1 minutes read

Máis de cen axentes custodian os arredores da sede da Asemblea Nacional de Venezuela, debido a unha denuncia que circulaba por internet na que se alertaba dun presunto artefacto explosivo dentro do Palacio Lexislativo.

Arredor de 15 funcionarios do Servizo Bolivariano de Intelixencia (SEBIN), que forman parte do réxime de Nicolás Maduro, atópanse no interior do parlamento venezolano, negándolle a entrada ao Parlamento a deputados e traballadores. Ademais, tampouco deron detalles sobre a suposta bomba.

O Lexislativo, de contundente maioría opositora, sinalou que o SEBIN impediu ao seu persoal de seguridade «verificar» esta situación, que xa ocorreu noutras oportunidades, como o pasado 5 de xaneiro cando tras unha longa revisión non atoparon explosivos.

Moitos móstranse escépticos ante esta ameaza, e dubidan da súa vericidade, tal e como manifestou o deputado Biagio Pilieri na súa conta de Twitter.

Declaracións do diputado Biagio Pilieri

O Lexislativo convocara para este martes un pleno ordinario para debater sobre a desaparición do primeiro vicepresidente, Edgar Zambrano, as detencións ilexítimas, as persecucións e as violacións contra deputados.