Sete empresas optan á obra de acondicionamento do albergue de peregrinos de Ferrol

1 minutes read

O proxecto de reforma na antiga Hospedaría situada no último andar da Casa do Mar, no porto de Ferrol, conta cun investimento autonómico de 467.000 euros e cun prazo de duración de 6 meses. Permitirá que a cidade conte cun albergue de 60 prazas -unha delas adaptadas- para o aloxamento dos peregrinos do Camiño Inglés. De feito, situarase nun dos puntos de saída desta ruta xacobea, a terceira máis transitada e que nos últimos anos máis está a medrar. O novo albergue sumarase aos 6 cos que conta a rede pública nesta ruta, onde ademais deste novo edificio en Ferrol estaría previsto outro na Coruña.