18
- Sospeitan que os autores se moven en coches pequenos e que gabean polos postes para cortar rápido o tendido e fuxir
O Concello de Ponteceso denunciou ante a Garda Civil o roubo de 360 metros de cableado eléctrico, unha situación que «prexudica gravemente á prestación do servizo e ás arcas municipais», afirman desde o Consistorio. Por este motivo desde o goberno local solicitan colaboración cidadá ante calquera actuación sospeitosa, podendo chamar ao 112 ou ao 062 (Garda Civil).
Os roubos do tendido producíronse na pista de Casas do Monte (Pazos), na pista Ourada (Limiñoa) e tamén no vial que vai do colexio ao cemiterio nas Forcadas (Corme).
Desde o Concello sospeitan que os autores poden moverse en coches pequenos e que os «infractores gabean polos postos de maneira rápida, cortan e marchan».