23
- Tamén se acometeron intervencións no malecón do Couto
O Concello de Ponteceso continúa co seu plan de mellora de espazos públicos. As últimas intervencións producíronse en varios tramos do paseo fluvial do Anllóns, ao seu paso polo centro da vila, e tamén no malecón do Couto.
Varios carpinteiros melloraron as táboas superficiais ademais das subestruturas e varandas que, en determinados puntos, tiveron que ser totalmente renovadas ao estar afectadas pola couza.