- A iniciativa pretende mellorar a inserción laboral de persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual
Dentro das actividades de formación do programa Ecofriendly 21 da asociación Down Coruña, varios integrantes do equipo realizaron un traballo de reforestación nunha leira da Laracha plantando ata sete especies diferentes relativas ao bosque atlántico.
A formación foi impartida pola Fundación para o Fomento do Desenvolvemento e a Integración (FDI), unha ONG cuxo fin social céntrase na integración socio – laboral de persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión a través da educación e o deporte, así como o compromiso co medio ambiente. Tamén participaron voluntarios de Indra. Ademais, como profesionais do equipo de Down Coruña, acudiron Lorena Lemos e Claudia Sánchez, acompañadas por Tania Álvarez, voluntaria da Asociación
O programa Ecofriendly 21 é un proxecto promovido por Down Coruña que pretende mellorar a inserción laboral de persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual a través da activación dun itinerario adaptado de inserción.