O recoñecido Aquarium Finisterrae de A Coruña celebrará o seu vixésimo aniversario o próximo mércores de 5 xuño, polo que a entrada á Casa dos Peixes será totalmente gratuita todos os domingos do mes, así coma o luns 24, coincidindo coas festas do San Xoán. Ademais, os grupos escolares que reserven este mes tamén gozarán dunha visita gratuita.
Os que acudan ao acuario poderán ver os carteis de todas as exposicións realizadas polo Aquarium ou Sexo Azul, sobre a reproducción sexual dos seres vivos que viven na auga. Ademais, o público poderá participar en actividades relacionadas con este tema a través de xogos con interacción.
O Aquarium regalará, ata esgotar existencias, un cartel promocional histórico dos editados desde a súa inauguración a quen visite as súas instalacións estes vindeiros 4 sábados.