20
- Terá lugar este venres, ás 19.00 horas, na biblioteca municipal
- Entrada de balde ata completar aforo
O Concello de Ponteceso organiza unha charla informativa e gratuíta para aqueles veciños interesados en entender a factura da luz así como os diversos conceptos do mercado da electricidade. Será este venres, ás 19.00 horas, na biblioteca municipal. O relator será Jesús Castro, membro da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña.
Aforo limitado.