16
O xuíz acordou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o mozo detido pola violación a unha menor de Igualada (Barcelona), tras imputarlle os delitos de agresión sexual e asasinato en grao de tentativa. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC), o titular do Xulgado número 4 de Igualada tomou esta decisión tras a declaración do novo detido, que só contestou ás preguntas do seu letrado. O detido, de 20 anos, tiña antecedentes por delitos sexuais, entre eles a unha familiar menor de idade. Foi a propia nai do acusado a que o denunciou en 2020 por abusar da súa irmá de 12 anos.