Santiago acollerá este ano a concentración internacional de policías motoristas

1 minutes read

Nesta concentración participarán uns 200 axentes dos distintos corpos e forzas de seguridade -Policía Nacional, Policía Autonómica, Policía Local e Garda Civil- de toda España e Portugal que peregrinarán neste Ano Santo en moto a Santiago no marco dun programa de actividades lúdicas e culturais co obxectivo de fomentar a convivencia. Chegarán o día 11 a Santiago de Compostela para realizar a ofrenda ao Apóstolo e tamén visitarán Sada, Cambre, A Coruña e Cerceda. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, reuníronse con representantes da delegación da Asociación Internacional de Policía (IPA) en Galicia para abordar a organización da Concentración Internacional anual de Policías Motoristas que este ano se celebrará do 9 ao 11 de xuño con motivo do Xacobeo 21-22.