- Estes amoreamentos foron localizados nas parroquias de Soandres e Erboedo e tamén no coto de Santa Marta
O Concello da Laracha procedeu á eliminación de tres vertedoiros incontrolados de lixo localizados a carón da rede viaria en Soandres e Erboedo así como no coto de Santa Marta.
En Soandres apareceron rodas e restos de materiais plásticos e metálicos na estrada de acceso ao núcleo de Silvoso, mentres que na parroquia de Erboedo, nas inmediacións do núcleo de Longra, foron depositados restos dun vehículo e tamén residuos de obra como ferralla, escombro e botes plásticos. No coto de Santa Marta había colchóns e material téxtil.
Desde o Concello solicitan a colaboración cidadá para evitar este tipo de situacións e lembran que o Punto Limpo é un servizo municipal gratuíto que está a disposición da veciñanza no Formigueiro, moi preto do casco urbano da Laracha, os luns (15 a 20 horas), mércores e venres (16 a 20 horas) e sábados (9 a 14 horas). Ademais, existe un servizo de recollida de voluminosos a domicilio, tamén de balde para a veciñanza, que pode solicitarse chamando ao teléfono gratuíto 900 701 120.