O economista xefe do Banco Central Europeo -BCE-, Philip Lane, adiantou que haberá subidas de xuros, pero aos poucos. A presión sobre o BCE e tamén dentro da propia institución é cada vez maior para responder á ameaza inflacionista. Varios dos seus membros xa piden abertamente que na reunión de xullo se suban os tipos de xuro. Philip Lane evitou pór unha data na capital comunitaria. Pero como economista xefe do BCE si adiantou que comezan a prepararse para subilos nunha secuencia, é dicir, aos poucos e en varias roldas. A institución non aumenta os tipos de xuro dende o 2011. Cando o faga, as hipotecas a tipo variable serán máis caras mensualmente. E as persoas ou empresas que asinen novos empréstitos terán unhas condicións menos favorables.
14