A Laracha mellora tres estradas municipais en Golmar

0 minutes read
  • Dúas delas están no núcleo de Fragoso.
  • Tamén se renovou o pavimento entre O Regueiro e Os Bidueiros, xa na parroquia de Soutullo.

O Concello da Laracha vén de completar un amplo proxecto de mellora da rede viaria na parroquia de Golmar.

As últimas actuacións realizadas foron a mellora de dúas estradas no núcleo de Fragoso. Previamente xa se acometera unha actuación de similares características na vía de tres quilómetros de distancia que comunica O Regueiro con Os Bidueiros, xa na parroquia de Soutullo.

Con estas actuacións o Concello da Laracha reforza a seguridade viaria e facilita a circulación dos vehículos nesta zona rural.